img
 

XERMADE

 

 

CONCELLO:

Premer para ir ao concello

Premer para ir ao concello

Xermade pertence á Comarca dá Terra Chá. Está situado ao noroeste da provincia de Lugo e limita cos Concellos coruñeses das Pontes de García Rodríguez e Monfero e cos Lucenses de Guitiriz, Vilalba e Muras.
O seu principal atractivo son la natureza, as paisaxes, o seu patrimonio etnográfico e arquitectónico… son lugares idóneos para practicar turismo de lecer e de aventura a través das rutas de sendeirismo deseñadeas por espazos naturais incluidous na Reserva da Biosfera Terras do Miño, cheas de lendas e historias medievais.
No seu escudo podemos ver unha banda de ouro que lembra á que se dispón nas armas dos Andrade. Un báculo de prata que alude á xurisdición dos conventos de Meira e Monfero, compartida. Dous bazantes de ouro en alusión aos testemuños arqueolóxicos, en particular ás referidas á cultura castrense. Todo sobre un campo de sinople (verde), que representa a importancia da vexetación para a vida deste concello.
FERIAS E FESTAS

BURGÁS : Festa patronal ( Sta. Eulalia – Xuño ).
CANDAMIL : Festa patronal ( San Miguel – Setembro ).
MIRAZ : Festa patronal ( San Pedro – Xuño ).
XERMADE : Festa patronal ( Nosa Señora da Asunción – Agosto ).
      Encontro de torneiros de madeira en Galicia ( Setembro ou Outubro, durante 4 días, de xoves a domingo )
CAZÁS : Festa patronal ( San Julián – Xaneiro ).
      Festa da Divina Pastora ( Outubro ).
      Festa da nosa Señora do Carme ( Xullo ).
MOMÁN : Festa patronal ( San Bartolomé – Agosto).
      Festa de San Antonio ( Xuño ).
PIÑEIRO : Festa patronal ( Nosa Señora do Rosario – Agosto).
CABREIROS : Festa patronal ( Santa Mariña – Xullo ).
ROUPAR : Festa patronal ( San Pedro Fiz – Agosto).
      Festa dos cogomelos ( penúltimo fin de semana de Outubro )
      Festa da “Bóla de Liscos” – Agosto.
      Festa dos Callos – Maio.
      Festa do San Esteban – Maio.
      Festa do Campo – Setembro.
LOUSADA : Festa da Pascua ( Abril )
      Festa de San Andrés e San Juan ( Xuño )